Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas desminte ao PP e asegura que non votou a favor da ocupación do peirao de Rande

rivas

A rexedora local asegura que é “falso que votara a favor das actividades industrias privadas por parte da empresa Terminales Atlánticas Vigo, no Peirao da Pedra en Rande durante a sesión do 30 de xullo de 2021 do Consello de Administración da Autoridade Portuaria.

Nesa sesión a rexedora asegura que se aprobou “un novo contrato a Terminales Atlánticas, sen especificar cal sería o seu lugar de actuación. A zona que abarca a Autoridade Portuaria de Vigo é moi extensa e en ningún momento se falou de Rande como unha opción durante esa reunión, polo que é imposible que eu dera o visto bo”, engade Rivas.

Tempo despois o Concello de Redondela alertaría do uso irregular que se estaba facendo do antigo cargadoiro de granito de Rande. Rivas insiste en que Portos está a desenvolver unha “política escurantista” e que, en ningún momento, informou ao Concello das actividades de almacenamento e cedidas á empresa privada Terminales Atlánticas Vigo” e reafirmase, unha vez máis, no seu rexeitamento a converter o Estreito de Rande, nun espazo industrializado como pretende a APV, ao utilizar o Peirao da Pedra como almacén e taller de reparacións para unha actividade que ademas non conta con licenza de actividade do Concello de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará