Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cocido e verbena para celebrar a San Vicente

festa codido

A parroquia de Trasmañó acolle esta fin de semana dúas xornadas de festa que suporán recuperar a normalidade nunhas celebracións que nunca se deixaron de celebrar malia a Covid, aínda que o fixeron con restricións nas dúas últimas edicións. Neste 2023 regresan con forza cunha carpa climatizada que acollerá o domingo a cita gastronómica do cocido pero que arrancarán xa o sábado con concentracións de coches clásicos, actividades para a cativada e verbena cos grupos Trébol e Los Coleguitas.

O sábado a partir das dez da mañá xa arrancarán as festas cunha concentración de vehículos clásicos. Os organizadores confían en que se reúnan ao redor dun cento de vehículos que percorrerán a parroquia.

Juan González fálanos da concentración de coches clásicos

Pola tarde ademais dos actos relixiosos na honra de San Brais ás cinco da tarde, os máis pequenos serán os protagonistas con actividades a cargo do grupo de animación infantil Barafunda quen se encargará de organizar cucañas e xogos infantís e xa pola noite a verbena amenizada polo grupo Trebol e a orquestra Los Coleguitas.

Actividades para os máis cativos e verbena na tarde notie do sábado

Xa o domingo a cita será gastronómica coa festa do cocido “un xantar a fartar” explica Juan González da organización quen insiste en que ninguén quedará con fame e que os pratos encheranse de produtos de primeira calidade tanto para os que queiran degustalos na carpa climatizada como os que opten por levar as racións para casa. XII edición dunha cita máis que asentada na bisbarra e na que compre reservar previamente chamando aos teléfonos  663 17 69 51 ou 670 884 419. Tamén na cafetería O Rodeo en Rande.

Cocido a fartar para os que se acheguen a esta cita gastronómica

Os comensais participarán ademais en sorteos e xogos con premios e a tarde estará amenizada polo trío Tic Tac.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará