Os populares presentaron un escrito por Rexistro para que o Concello requira á Compañía subministradora que resolva este problema e que modernice e repare a instalación.
A veciñanza das parroquias de Reboreda e Quintela levan máis dun mes con numerosos problemas eléctricos causados polos fallos no transformador que dá servizo a unha zona ampla das dúas parroquias o que fai que haxa constantes cortes de luz, en moitos casos durante horas. Isto supón unha alteración do día a día para milleiros de redondeláns que non contan cun servizo indispensable para facer unha vida normal.
A falla de electricidade afecta a situacións tan correntes como contar con auga quente, acender a calefacción, estraga os alimentos dos conxeladores e neveiras, non poder cargar un móbil, un computador, ver a televisión ou simplemente non ter luz e prexudica gravemente a persoas doentes que empregan respiradores que precisan a corrente para funcionar.
O Grupo Municipal do Partido Popular presentou un escrito non Rexistro do Concello instando á alcaldesa a que requira á Compañía Eléctrica para que resolva este problema de xeito urxente, que esixa que se modernicen e reparen as instalacións e que poña en marcha os Servizos Xurídicos Municipais para que consideren as medidas oportunas polos múltiples cortes de subministro e a falla de aviso aos afectados.
Na mesma liña, o Grupo Popular pide a Rivas que poña o servizo do Oficina do Consumidor a dispor dás veciñas e veciños de Reboreda e Quintela que están a sufrir lestes cortes, para que se lles facilite toda a información e se lles axude á tramitar as queixas e reclamacións.