Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela mellora en máis dun 10% a reciclaxe de plásticos e cartóns

Recycle waste piled up for collection

A Concellería de medio Ambiente vén de dar a coñecer os datos de reciclaxe correspondente ao pasado ano nos que se observa un aumento paulatino no número de kilos recollidos tanto nos colectores de plástico como nos de cartón e papel. Tamén se incrementou, aínda que en menor medida, o vidro reciclado. A conta pendente é a recollida de voluminosos, xa que malia faceren uso moitos veciños do teléfono de Urbaser (986 408034) para a recollida deste elementos aínda seguen a aparecer vertedoiros incontrolados nos montes.

Os datos obtidos pola Concellería de Medio Ambiente reflicten unha mellora lineal nos últimos 4 anos. Así, os contedores de vidro reciclaron no 2019 máis de 350.000 kilos, cifra que se incremento aos 376.000 kilos no 2022, o que supón unha mellora do 6,6%.

Tamén, segundo os datos achegados dende a empresa de recollida, se incrementaría a reciclaxe de envases de plástico nun 12% pasando dos 288.710 kilos en 2019 aos mías de 323.000 kilos en 2022. O incremento porcentual aínda foi maior en canto ao papel e o cartón ao pasar de 312.000 kilos no 2019 a mías de 357.000 kilos o pasado ano.

Finalmente apreciase unha redución no uso do colector de residuos xeral, consecuencia directa dun maior compromiso coa reciclaxe e coa separación de residuos.

Dende o Concello entenden que este bos datos son froito das campañas feitas dende a propia concellería de medio ambiente no último ano.

En todo caso, insisten na necesidade de mellorar a recollida de voluminosos para evitar que estes restos (mobles, electrodomésticos, colchóns, aparellos eléctricos…) sexan depositados en lugares non axeitados. Lembran que hai un número de teléfono (986 408034) a disposición da veciñanza para que comuniquen a Urbaser a intención de desfacerse deste tipo de refugallo. Nese teléfono indicaráselle o lugar a o día no que se deben depositar os restos para que o camión pasa a recollelos. Un dos obxectivo é evitar a aparición de vertedoiros incontrolados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará