Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG demanda unha estación de tren para Chapela

EstaciónChapela

O deputado Néstor Rego e o concelleiro Xoán Carlos González na estación de Chapela

O grupo municipal do BNG levará ao pleno que se celebra esta tarde unha moción na que esixe a construcción dunha estación de tren en Chapela. O edil Xoán Carlos González sinala que desde a construcción do Eixo Atlántico de Ferrocarril entre Vigo e A Coruña a liña con Guixar pasou a ser a máis empregada. Denuncian que este trazado, que conecta Vigo con Redondela e a fronteira portuguesa “non supuxo as agardadas melloras nas conectividade con Chapela”. Lembran desde a formación nacionalista que en setembro de 2011 publicouse no BOE o anuncio do proceso de licitación dun contrato para redactar o proxecto dunha estación de tren en Chapela, orzamentado en 150.000 euros. Xunto ao edificio da estación “contémplábanse as obras dos desvíos necesarios para a conexión da estación”, sinala González. Coa moción que presentarán hoxe pretenden corrixir unha situación “contradictoria”, xa que a parroquia pola que pasan a numerosos convoios ferroviariarios “non se beneficia nin da súa situación estratéxica, nin deste proxecto”. Pedirán á corporación de Redondela que apoie esta demandan “para que Chapela recupere as conexións ferroviarias con esta obra arquivada dende 2011”. O voceiro do bloque recordou que nas emendas aos orzamentos do Estado, a través do deputado Néstor Rego, o BNG presentou unha emenda para a construcción desta estación, rexeitada polo goberno central.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará