Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Compromiso do pleno para un novo vial en Angorén cando se aprobe o PXOM

pleno veciños

Luis López Pérez, veciño afectado, foi o encargado de ler a moción

Hai meses que os veciños dunha zona residencial de Angorén ven con preocupación a construcción dunha rampla de acceso ao IES Chapela. O acceso para persoas con mobilidade reducida do instituto afecta a un tramo dun futuro vial que está previsto no PXOM. Trátase dun acceso polo que levan agardando máis de 30 anos os veciños dunha ducia de vivendas que se atopan practicamente illadas. A zona atópase entre a avenida de Redondela e os camiños de Penisal e Subido. Os residentes só poden acceder por sendas peonís, e servizos como ambulancias ou bombeiros non chegan ás vivendas. Onte levaron ao pleno a través de AER unha moción na que reclamaban ao Concello que, unha vez aprobado a PXOM “inicie con urxencia a cesión, compra ou expropiación da franxa de terreo para a construción do novo viario”. Na moción, aprobada por unanimidade, piden ao goberno local que negocie cos veciños para lograr as cesións necesarias para construir a nova rúa. Un dos veciños afectados, Luis López Pérez, foi o encargado de dar lectura á moción.

Luis López Pérez, veciño afectado, foi o encargado de ler a moción

A concelleira socialista María Castro, responsable de Urbanismo, asegurou aos veciños que a construción da rampa non afectará ao futuro vial. Afirmou que unha vez aprobado o novo PXOM que inclúe este camiño “expropiaranse os terreos que sexa necesario para a súa realización”. Recoñeceu que os trámites “son moi longos” e pediu aos veciños “paciencia” ata que poida executarse.

A concelleira socialista María Castro asegurou que unha vez aprobado o PXOM expropiaranse os terreos necesarios para facer o vial

O grupo nacionalista entende tamén que é unha necesidade urxente para os veciños logo de décadas de promesas incumpridas, como sinalaba o concelleiro Xoán Carlos González.

Xoán Carlos González, concelleiro do BNG

Roberto Villar de AER, grupo que presentou a moción, puxo o foco no “compromiso democrático” que supón a aprobación desta moción no pleno, e que obriga aos grupos da corporación a traballar na posta en marcha deste vial buscando o financiamento preciso para facelo realidade.

Roberto Villar, concelleiro de AER

A moción aprobouse cos votos das tres forzas políticas presentes no pleno, xa que os concelleiros do PpdeG ausentáronse da sesión antes de que se debatiran as mocións.

Os veciños advirten que a nova rampla de acceso ao IES Chapela compromete o futuro vial
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará