Foto: Fon Conde
O lume produciuse de madrugada na rúa Ribeira a altura da praza de Santiago e iniciouse nuns colectores de lixo. Sería ao redor das 2:30 horas da madrugada de hoxe cando se recibían numerosas chamadas alertando do lume. Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local, da Policía Nacional e o GES de Mos que se encargaron de sufocar o lume. Con todo, o incendio deixou calcinados tanto os colectores como un vehículo que se atopaba estacionado ao carón dos mesmos. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais malia si importantes danos materiais.