Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Caldo de Gloria na hostalaría local para celebrar o Día de Rosalía

caldo-galego-2

A Asociación de empresarios de Redondela e o Concello colaboran na posta en marcha desta singular iniciativa que busca promover a participación de librarías e hostaleiros. No caso dos hostaleiros búscase que ofrezan este prato -feito a partir do poema de Rosalía “Caldo de Gloria”- como tapa ou parte do menú. Nas librarías dáse continuidade a unha campaña de promoción das vendas dos libros en lingua galega, onde as compras de libros galegos realizadas o día 23 de febreiro terán un desconto e agasallarase cunha flor a clientela.
Os establecementos que queiran participar pódense dirixir ao Concello de Redondela (SNL) ou enviar un correo a normalizacion@redondela.gal ou a Asociación de Empresarios de Redondela (telf. Ou whatsaap 658592332).
A gran novidade neste ano 2023 ven da man do sector hostaleiro a quen se propón sumarse a campaña “Vén celebrar o Día de Rosalía na Hostalaría”. Os hostaleiros que se sumen prepararán as súas versións do singular Caldo de Gloria que se recolle nos versos de Rosalía, para sorprender ao cliente con este tradicional sabor da nosa terra. Os hostaleiros participantes beneficiaranse dun conxunto de accións de difusión entre as que destaca a gravación dun vídeo promocional en cada local. Un audiovisual no que se gravará o proceso de creación dese “caldo” para compartir nas redes. Os establecementos que finalmente participen tamén contarán cunha cunca de barro, feita en especial para celebrar o Día de Rosalía, onde servir o caldo.
Ademais disto tamén se promoverá a participación de librarías e floristerías para a celebración do Día de Rosalía de Castro co obxecto de “converter Redondela nun dos lugares epicéntricos desta efeméride tan importante para Galicia, a cultura e lingua”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará