A partir do próximo luns 6 de febreiro a Rúa Alexandre Bóveda de Chapela que da acceso ao centro educativo Alexandre Bóveda pasará a ser de dirección única durante o horario escolar, permitindo só a baixada desde a Avenida de Redondela ata a entrada do colexio. Este cambio só afectará á horario de entrada e saída do alumnado, é dicir, manterase dende as 8:30 horas ata as 9:00 e de 13:30 horas a 14:00 horas.
A alcaldesa de Redondela, Diga Rivas, xustificou este cambio por tratarse “dunha demanda da Anpa do centro e o profesorado desde hai moito tempo. O noso compromiso é cumprir coa seguridade do alumnado nunha zona moi concorrida durante o horario lectivo e asegurar a correcta parada do transporte escolar”.
Tamén a partir do vindeiro luns o Camiño Laredo de Abaixo pasará a ser de dirección única na baixada ata a Rúa Manuel Rodríguez Casal, zona do túnel que pasa por baixo da vía do tren, cumprindo tamén cunha solicitude da veciñanza dende hai anos debido ao estreitamento deste vial.