Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Autobuses dende Redondela e Soutomaior para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública

sos saniadade publica

Santiago de Compostela acolle este domingo unha manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública. Unha mobilización que busca reivindicar na rúa a necesidade de dotar con máis medios e persoas a sanidade galega. Diferentes formacións políticas súmanse a esta protestas e así, tanto o PSOE de Redondela como o BNG de Soutomaior convidan a veciñanza a facer uso dos autobuses de balde que partirán de cada unha das localidades co obxecto de asistir a esta manifestacións.

No caso de Redondela o PSOE porá un autobús que sairá ás 9:45 horas da mañá dende a Farola con regreso ao rematar a manifestación. Compre anotarse previamente no número de teléfono 670502099

Tamén o BNG de Soutomaior fletará autobuses para esta manifestación. A organización, que tamén levará comitiva propia, quere con isto facilitar a participación da veciñanza da localidade. Os autobuses sairán ás 10:30 do cruce de Pierres. Dende a organización nacionalista pregan que para anotarse en dito autobús, se poñan en contacto con calquera membro da organización ou chamando ao 651 670 870.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará