O nutricionista e especialista en alimentación emocional e autocoñecemento, Jaime Juncal é un dos expertos que participa no programa sobre “Saúde e benestar” que organiza o Concello de Redondela e que arranca hoxe venres cunha charla que leva por título “mellora a túa alimentación de xeito sinxelo”. A conferencia será este venres ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira.
“Vivimos nun contexto no que temos demasiada comida, demasiados alimentos ao noso arredor, co cal toca escoller e para iso hai que ter información”. Por ese motivo a charla de Juncal centrarase en achegar aso participantes consellos básicos que se traduzan nunha maior facilidade á hora de elixir que comer e como facelo “pequenos axustes, as veces de sentido común, que favoreceran a nosa escolla para unha alimentación máis saudable”. A miña idea será dar consellos e elimina algún mitos como que comer san é caro, que a froita engorda ou que non se poden mesturar determinados alimentos.
Jaime Juncal explica que a día de hoxe as motivación para comer nas sociedades avanzadas son outras moitas “inxerimos alimentos non para saciar unha fame física senón para cubrir outras necesidades, comemos por pracer, rutina, contexto social”.
Unhas charlas que continuarán o día 24 tamén de febreiro con outras proposta na que se falará da industria alimentaria, analizando o contexto actual e ofrecendo recomendacións para unha esta da compra saudable. Aprender a ler as etiquetas e a interpretar eses datos que as empresa de alimentación nos trasladan as veces como estratexia de marketing para gañar cartos formarán parte dunha conferencia que Juncal ofrecerá o venres 24 ás 19:30 horas tamén no Multiúsos.