Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O obxectivo desta tempada do CR Chapela é gañar a Liga Galega

bateles femenino

A  I Bandeira de Tirán de Bateis, masculina e feminina, inauguraba a tempada 2023 desta disciplina de banco fixo fronte aos peiraos de O Con, organizada pola SD.Tirán. Alí estivo presente o Club de Remo de Chapela que conseguiu  o terceiro posto na bandeira feminina con 9 puntos, por detrás de SD.Samertolaméu e C.R. Mecos que gañou cunha gran diferencia de 26 puntos.

O director, Julio Prado, considera este inicio de tempada “ un pouco frouxo” ao non conseguir rascar ningún posto alto nas demais categorías, pero a intención e seguir mellorando e chegar a Liga Galega en abril na que asegura “estarán presentes equipos de Chapela en tódalas categorías”.

As remeiras chapelanas son xa Campioas de España en Bateles, Campioas de España en Traiñerillas e tamén en Traiñeiras. O único título que non posúen aínda é o de Campioas da Liga Galega, polo que Prado ten claro que este é o máximo obxectivo.

Este venres 17 de febreiro ás 19:00 horas o CR Chapela celebrará un acto na Alameda de Rosalía de Castro para dar a coñecer aos seus deportistas e as novas incorporacións. Animan aos afeccionados a achegarse e pasar un bo rato e coñecer máis de preto o club. Ao día seguinte, continúa o calendario de bateis precisamente en Chapela, coa celebración da Bandeira do Porvir e o domingo coa Bandeira Chapela, a esta competición están anotados 500 deportistas de toda Pontevedra.

As competicións continuarán en febreiro, marzo e abril en Vigo (Virxe dá Guía, Bandeira Concello de Vigo); Cangas ( Bandeira Concello de Cangas); Mecos O Grove (Bandeira Lavanova); Vilaxoán (Bandeira Porto Vilagarcía); Cangas (Bandeira do Hío); A Guarda (Bandeira da Guarda); Bueu (Bandeira Concello de Bueu); Meira (Bandeiras Comunidades Montes de Meira, Moaña e Domaio); Cesantes (Bandeira Concello de Redondela); Amegrove O Grove (Bandeira Concello do Grove) e a continuación os Campionatos Territoriais, Autonómicos e de España os días 29 e 30 de abril, aínda sen determinar a sede.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará