Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Os adeuses”: fotografías da emigración de Alberto Martí no Multiúsos da Xunqueira

pedro martí

O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela en colaboración co Consello da Cultura Galega achega ao Multiúsos a exposición “Os Adeuses” unha mostra integrada por ducias de fotografías en branco e negro nas que o fotógrafo, Alberto Martí retrata as despedidas de persoas anónimas no portos de A Coruña e Vigo antes da súa partida cara a emigración.

Son imaxes tomadas nos anos 50-60 que retratan un período duro da nosa historia: a emigración. Unha experiencia que Galicia viviu dende hai máis de dous séculos con profundas consecuencias no país.

Entre os anos 1957 e 1963, Martí foi quen de retratar as emocións de todas eses galegos e galegas, que vivían a segunda gran emigración rumbo a América, o chamado éxodo galego. Rexistros fotográficos emocionantes e emigrantes e familiares que daban os seus adeuses aos seres queridos. Estas fotos foron escollidas entre milleiros de negativos do arquivo persoal do autor.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará