Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela queimará a Putin no Martes de Entroido

iria entroido

A figura, que xa se pode ver na praza do Concello representa ao presidente ruso subido nun carro de combate e quere ser un berro de “non a guerra”. Putin será así pasto das lapas na tradicional queima do meco que terá lugar o martes 21. Previamente a Concellería de Cultura ten organizado unha programación intensa con concertos de balde no Campo da Feira o sábado e o tradicional desfile de comparsas con centos de persoas das 15 comparsas participantes.

O 2022 estivo marcado sen ningunha dúbida pola invasión rusa de Ucraína e as consecuencias humanitarias e económicas que este feito tivo en todo o mundo. Co desexo de que a invasión remate e para berrar “non a guerra” o Concello elixiu este ano como figura do Entroido a un belicoso Putin subido a un tanque que será reducido a cinzas na queima do Meco do vindeiro martes.

Iria Vilaboa, Concelleira de Cultura

Unha xornada que arrancará con concurso de disfraces en horario de tarde e no que poderán participar todos aqueles que o desexen inscribíndose no propio día a partir das catro da tarde nos soportais do concello. Haberá tamén obradoiros infantís e a música tomará as rúas da mas da Batucada Brassica Rapa. Como é habitual a queima do meco contará co espectáculo de Pablo Méndez Performances e a tradicional tirada de fogos de artificio.

Con todo, as celebración arrancarán xa o sábado 18 con obradoiros e actividades variadas orientadas aos máis cativos na Alameda de Castelao en horario de 17 horas a 19:30 horas. A partir das 18 os pasarrúas percorrerán o centro da vila e a festa continuará pola noite no Campo da Feira. A partir das 21:00 horas actuarán os grupos Gin Toni´s + Maneiras de vivir cun repertorio cargado da mellor música do pop rock español dende a década dos 80 ata actualidade. A continuación actuará a banda Bulsara- The Queen Experience (tributo a Queen) seguida de Disco Móvil CDC.

O domingo 19 a cativada poderá gozar dunha mostra de disfraces infantís na Alameda a partir das 11:30 horas na que se repartirán premios por categorías e xa pola tarde terá lugar o tradicional desfile de compartas que sairán ás seis da tarde dende o campo da feiras acompañadas dos pasarrúas da Asociación de Percusionistas e Tamborileiros Aperta.A xornada rematará coa entrega de premios a partir das 20:30 horas.

Queima do Berete

O Entroido de Chapela celébrase o 25 de febreiro ás 17 horas da tarde coa concentración de comparsas no Alto da Encarnación. A Asociación de Percusionistas e Tamborileiros ‘Aperta’ acompañará á comitiva fúnebre que partirá ás seis da tarde en dirección á Praia de Arealonga onde terá lugar a Queima do Berete ao redor das 20.30 horas. Pola noite, no Paseo Marítimo de Chapela actuarán a orquestra Grupo América de Vigo (21 horas) seguida de DJ Charlie a partir das 00:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará