Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior premia a participación no entroido cun concurso en redes sociais

souto entroido

Soutomaior convoca o “Confientroido”, un concurso para animar as celebracións do Entroido a través das redes sociais e no que os participantes poderán facerse con algún dos 8 vales de 50 euros que sortea o Concello. Hai tres modalidades: photocall, murgas e escaparates.

Poderase participar en tres modalidades: “photocall”, consistente en subir unha fotografía na que unha persoa ou grupo estean caracterizadas ou disfrazadas, por exemplo unha familia ou a aula dun centro educativo; “escaparates”, destinado a comercios ou establecementos que mostren adornos de Entroido; e “murgas”, un vídeo de grupo, de ata 5 minutos de duración, no que os participantes deberán interpretar, disfrazados, unha canción con letra propia sobre temas de actualidade.

Para entrar no concurso débese publicar a foto ou vídeo nas redes Facebook ou Instagram co hashtag #SoutomaiorEntroido23. A mensaxe debe citar á conta oficial do Concello na rede elixida así como o nome e apelidos da persoa representante. O prazo de admisión remata o día 22.

Sortearanse 4 vales de 50€ entre todos os participantes e ademais as 10 publicacións con máis Likes entrarán noutro sorteo de 4 vales de 50 €.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará