Os feitos aconteceron ás 17:10 horas da tarde de onte cando, pro causas que se descoñecen, a estufa comezou a arder dándose aviso ao 112 quen trasladou a chamada a policía local. Unha patrulla trasladouse ao lugar, unha vivenda unifamiliar na Avenida Alvedosa na zona da Portela.
Unha vez no lugar comprobaron que o incendio xa fora sufocado polos propios propietarios do inmoble sen que houbese que lamentar danos persoais. Tamén se desprazou ata a Portela un camión de Bombeiros de Pontevedra sen que fora necesaria a súa intervención.