Trala visita a semana pasada a Viveiro que se saldou cunha gran vitoria na Copa Galicia de clubs, este sábado 18 regresa a Competición da liga nacional de segunda división. O equipo do círculo cultural recreativo de Chapela, o Billar Chapela-Rodavigo, enfrontarase ao club de Chantada. Os xogadores locais serán Adrián Davila, Rogelio Fortes, Antonio Fuentes e Javier Perez.
As partidas desenvolveranse en horario de 16:00 a 18:00 horas con entrada libre no local do círculo culturla recreativo de Chapela. O Billar a tres bandas é un deporte espectacular no que gaña quen fai máis carambolas durante a partida.