O Club de baloncesto de Redondela organiza a VIII edición do seu torneo de Entroido con partidos o sábado 18 no pavillón da Marisma. Os encontros arrancarán ás 9:30 horas e prolongaranse ata as dúas da tarde con partidos correspondentes ás categorías de minibasket, premini e babi.
Un torneo para vivir o baloncesto no entroido e cun obxectivo solidario xa que se realizará unha recollida de alimentos non perecedoiros que serán entregados a Cáritas Redondela.