Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andrés Iglesias optará á reelección á Pazos de Borbén

andres iglesias

O actual alcalde anunciou a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais despois de reunirse con varios representantes da xunta local, e trasladarllo ao presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e á secretaria xeral, Luisa Piñeiro.

Andrés Iglesias agradece todo o apoio e a confianza dos seus compañeiros e dos veciños de Pazos de Borbén, e amósase “ilusionado, motivado e con proxecto” para seguir traballando “por e para” os seus veciños. Nesta liña, comprométese a “continuar a pé de rúa e totalmente pegado ás necesidades e prioridades da cidadanía, para seguir acertando con políticas e servizos que melloren a súa calidade de vida”. O alcalde di que conta co aval dunha xestión “seria, comprometida e que aposta polos servizos públicos de calidade” para revalidar a alcaldía. “Unha xestión que é posible grazas á estabilidade dun Goberno que ten un proxecto claro e adaptado ao concello, que ten un programa único e cuxas preocupacións son, en exclusiva, traballar polo seu pobo e polos veciños de Pazos de Borbén”, engade.

Pola súa banda, o presidente provincial, Luis López, pon en valor o traballo de Andrés e do seu equipo, que cada catro anos reciben o apoio maioritario dos seus veciños porque “teñen o mellor proxecto para Pazos de Borbén, e en maior preséntanse co aval do traballo feito para revalidar a maioría absoluta”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará