Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela Maramar loita por manterse en Terceira División

WhatsApp Image 2023-02-21 at 10.02.02

O equipo Redondela Maramar estréase esta tempada na categoría Terceira División Futsal, despois de 10 anos nos que o club non tiña representación a este nivel. Agora mesmo levan 20 xornadas xogadas, con 6 partidos gañados, un empate e 13 partidos perdidos. O coordinador deportivo do Redondela FS fai un balance positivo da experiencia nesta categoría, pois conseguiron o obxectivo de ascender e agora o importante para eles é “manterse e gozar dun deporte do que están orgullosos de representar como redondeláns”.

Neste momento, o obxectivo principal é manterse na categoría, esquecéndose da posibilidade de ascenso pois enfróntanse a equipos de nivel moi alto como o Pazos Borbén Fu. contra os que xogaron a semana pasada. Para Espósito este foi un derbi que, a pesar de perder, colleron con moita ilusión e no que “notábase o apoio nas gradas”.

Gañar tres puntos na anterior xornada era clave para escapar do descenso, pois a competición está moi axustada e igualada entre os equipos que se atopan abaixo na categoría. “Nestes momentos gañar ou perder significa moito, pois a competición está moi reñida”. Os seus rivais directos poden considerarse o Beade MVMB Cope, o Concello Begonte, o Outeiro de Rei, o Sport Sala FS e o Praias Barreiros, por comprender os últimos postos e ter moi pouca diferencia de puntos entre eles.

Os xogadores atópanse con ánimos, adestrando tres veces por semana. Sen embargo as tres baixas coas que contan agora mesmo dificultan o xogo.  Para continuar loitando logran apoiarse nos xogadores base, sobre todo nos xuvenís e o equipo filial, “xa que para o club o máis importante e ter unha canteira forte e ir marcando os pasos cara o futuro”.

Esta fin de semana xogan na casa contra o Sport Sala FS ás 20:00h, un partido moi importante ao estar case igualados nas táboas. Ademais, de cara a Semana Santa os días 3, 4, e 5 de abril celebran o torneo dos equipos base e invitan a afección a vir e coñecer máis de cerca o club e os seus valores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará