Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os institutos únense para promover o uso do galego “unha semaniña enteira…”

libro 58 alumnado

Alumnado do Mendiño durante a presentación do libro 58/885

A proposta dos IES Mendiño, Pedro Floriani e Instituto de Chapela é que os rapaces e rapazas pasen unha semana, dende o 23 de febreiro ata o 2 de marzo, empregando no seu día a día o idioma galego. Unha proposta que podería non parecer moi ambiciosa, pero que si o é tendo en conta que a día de hoxe o uso do noso idioma nas relacións sociais entre os máis novos é practicamente residual.

Un 30% dos menores de 20 anos teñen serias dificultades para expresarse en galego, así o recolle un estudo da Mesa pola Normalización Lingüística, e é algo que constata día tras día o profesorado nos centros educativos. Na xornada na que se conmemora o Día da Lingua Materna explícanos a profesora Olga Nogueira “que os prexuizos sobre a cultura galega en xeral, e sobre o galego en particular, segue a estar presentes, é un idioma estigmatizado, que non serve e que non é útil”.

Iso tradúcese en que cada vez sexan menos os espazos nos que a rapazada ten a posibilidade de escoitar e empregar o idioma. Se hai un par de décadas os estudantes de secundaria escoitaban a cotío o galego na súa contorna familiar, malia que non o falaran, actualmente eses espazos de uso do idioma téñense reducido drasticamente.

“Unha semaniña enteira” propón á rapazada que fale galego en todos os contextos xa sexa na casa, na rúa ou na escola.

Ademais de propoñerlle este reto, dende os centros organízanse outras actividades en paralelo como obradoiros de baile galego nos recreos ou un encontro de neofalantes que se desenvolverá o luns día 27 no Multiúsos da Xunqueira “un xeito de poñer en valor a toda esa xente que nun momento dado decide dar o paso e comezar a se relacionar en galego”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará