As mozas da Sar asinaron unha nova vitoria logo de catro xornadas sen puntuar. Nesta ocasións a súa visita ao campo do Lavadores Vigo deixoulle un resultado positivo cun 25-27 no marcador final.
Peor lle van as cousas a Sar Plastic Omnium que caía na Bomboneira ante o Teucro por 23-30.
Lavadores Vigo 25-27 SAR Rodavigo
Partido da División de honra prata feminina que comezou igualado. De feito chegouse ao descanso cun apertado 15-14 no marcadores. Ao regreso do descanso as redondelás puxéronse en cabeza e mantivéronse así ata o final con pequenas vantaxes sobre as rivais sen permitirá que o lavadores remontase o partido. Resultado final a favor da SAR por 25-27 que na vindeira xornada vivirán outro derbi, neste caso na Bomboneira, fronte ao Asmubal Meaño.
SAR Plastic Omnium 23-30 Teucro
E precisamente na Bomboneira tivo lugar o partido de Primeira nacional que deixa a SAR afundida no pozo da clasificación. O equipo arrancou con bo pe o partido: boa defensa e acerto ofensivo cunha boa actuación da portería, Mantívose pro diante no marcador durante a maior parte do primeiro tempo chegándose ao descanso por 16-14. Con todo, tras pasar polos vestiarios os do Teucro regresaron con forza e pouco a pouco foron ampliando a vantaxe sobre os locais. Ademais as expulsión condenaron a SAR que xogou en inferioridade numérica boa parte do tempo sen poder frear o ritmo que marcaban os visitantes. Unha derrota que deixa mal sabor de boca tras a boa primeira parte. Na vindeira semana o equipo visita a pista do Lavadores.