Foto: SEIS Redondela
Aparatoso accidente o que tiña lugar na mañá de hoxe, ao redor das 8:30 horas na estrada entre Redondela e Vigo a altura de Plastic Omnium eb Cedeira. Por causas que se descoñecen un vehículo Audi RS Q3 conducido por unha moza envorcou chocando contra outros dous vehículos que se atopaban estacionados na beiravía.
Todo apunta a que a causa do sinistro sería un despiste da condutora que a levou a dar un volantazo perdendo o control do vehículo, segundo apuntan dende a Policía Local. Malia o impactante do sinistro a muller, que tivo que ser escarcerada do vehículo, resultou ferida leva sendo trasladada en ambulancia a un centro hospitalario.
O accidente provocou un importante atasco e longas ringleiras de coches nunha hora de moito tráfico na estrada.
Ademais da Policía Local interviron os axentes do SEIS de Redondela, Ges de Mos e Garda Civil, así como traballadores de conservación para retirar os restos do accidentes da estrada.