O equipo de veteranas da Sar participa do 24 ao 26 de febreiro en Sevilla no campionato Internacional Balonmano Femenino Masters de Sevilla, un torno no que participan equipos de Cataluña, Asturias, País Vasco, Almería, Sevilla, Valladolid, Granada e Málaga, así como outros internacionais entre os que se atopan Portugal, Budapest ou Alemaña. O campionato está organizado polo C.D. Agrupación Sevillana Amigas del Balonmano e a Delegación de deportes da Comunidade Autónoma de Sevilla.
O primeiro partido será hoxe venres ás 20:00h contra o OAR Gracia de Sabadell. Nunha recepción no Concello a alcaldesa Digna Rivas quixo, acompañada do Concelleiro de Deportes, desexarlles sorte “nun torneo internacional no que Redondela vai a representar con orgullo a Galicia por primeira vez na historia”. Felicitou ás veterana polo “o esforzo e traballo que fan para manterse activas e compaxinar o deporte coa súa vida privada”.
Como agasallo o Concello de Redondela ofreceulles camisetas co escudo redondelán, bolsas e unha “Coca” de Sargadelos para obsequiar aos anfitrións do trofeo “e que Redondela quede inmortalizada nas vitrinas de Sevilla ao lado de outras moitas comunidades e países”.