Hoxe é Sábado 21 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER insta ao Concello a retomar o control nas terrazas dos locais de hostalaría

terrrazas

A Agrupación de Electores fala de “anarquía” na ocupación do espazo público e advirte de que algún establecementos foron sumando espazo aproveitando a falta de control municipal e a ausencia dunha taxa.

 A Agrupación de Electores de Redondela vén de esixir ao Concello que actúe sobre a actual “anarquía” das terrazas dalgúns establecementos hostaleiros e restaure o control sobre esta ocupación do espazo público tal e como se viña facendo antes da pandemia. Explican que en 2020 a consecuencia da situación provocada pola Covid “o Concello decidiu deixar de aplicar a ordenanza pola que se cobraba unha taxa ás terrazas dos establecementos de hostalaría como acción para axudar a estes negocios”. A situación prolongaríase logo de que en 2022, “o BNG lle pedira ao goberno que mantivera esta exención; pero agora que a pandemia xa é historia, a medida xa non ten sentido e o que está a facer o Concello é permitir situacións de abuso nas que algúns hostaleiros foron ocupando cada vez máis espazo, nalgúns casos, con quince ou vinte mesas”.

Entende AER que o goberno local debe poñer coto e controlar o espazo público e debe esixir o cobro novamente desta ocupación por parte dos negocios de hostalaría. Ao non estar cobrando estas taxas, engaden “estase a perxudicar a todos os redondeláns pola perda da recadación, favorecendo, ademais, aos locais máis grandes e situados en zonas humanizadas”. Aseguran que esta falta de control “estimula a fraude con máis mesas das permitidas, perxudicando o uso do espazo público que é de toda a veciñanza”.

Insisten en que cada establecemento debe pagar de xeito efectivo polo número exacto de mesas que coloca no exterior do seu local. Aproveitando este cambio de situación, piden a Rivas que os hostaleiros coloquen, ademais, un cartel oficial e visible ao público co número de mesas que ten que colocar, como información para a cidadanía. “Desde xeito facilitarase o control por parte da veciñanza pero tamén por parte da inspección local para evitar así a posible picaresca”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará