Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ocasión perdida para o Choco a tan só cinco minutos do final do partido

choco

C.D.Choco 1-2 Somozas

O CD Choco chegaría con vantaxe ao tempo de descanto cun tanto de Adri, pero os visitantes daríanlle a volta na segunda metade.

O partido poñíase de cara para os de David Pérez no 44’ cun gol de Adri que permitiría ao CD Choco chegar ao tempo de descanso co marcador ao seu favor. Un tanto que recompensaba ao equipo que levaba o peso do partido durante a primeira parte. O CD Choco dominaba o encontro grazas ao control do esférico e con continuas chegadas ao área rival que non lograrían materializar. Pola súa parte o Somozas tan só nunha ocasión chegaría á portería defendida por Ángel Expósito.

A segunda parte sería ben diferente. O UD Somozas facíase co control do partido e do esférico con chegadas continuas a área redondelá obtendo recompensa no minuto 60 cando Julián Nieto logra a igualada para, cinco minutos despois, Rubo conseguir remontar o marcador en contra.

O partido remataría con polémica cunha falta ao borde del área a favor do CD Choco, cando o linear previamente sinalara un penalti, non sendo considerado así polo árbitro. Esta sería a derradeira ocasión do equipo de David Pérez, que non foron quen de convertelo en gol.

Un equipo que non lograba facerse con ningún punto en xogo e que segue de pechacancelas. Na próxima xornada xogan no campo do cuarto clasificado, o Vilalbés.

Soutomaior 0-1 Zacande

Derrota tamén para o Soutomaior que malia todo continúa de líder na Segunda Galicia. Na vindeira semana o Soutomaior xoga no campo do Campañó, decimocuarto do grupo.

Cesantes 3-2 Deiro

Si logrou a vitoria o Cesantes que se sitúa na novena praza da clasificación. A próxima cita será no campo do terceiro, o Vilaboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará