Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Costa da Morte, Ribeira Sacra e O Grove, próximas paradas das Visitas Culturais que organiza o Concello

maioresenruta

As persoas maiores de 55 poderán realizar viaxes dunha xornada de duración a lugares de interese cultural, histórico ou patrimonial. O prazo de inscrición para a visita de marzo á Costa da Morte xa está aberto.

A Concellería de Persoas Maiores ven de retomar o ciclo de ‘Visitas Culturais’ coa intención de ofrecer ás persoas maiores de 55 anos a posibilidade de gozar de excursións a diferentes puntos da xeografía. O prezo das rutas, que terán periodicidade mensual, dependerá de diferentes factores como poidan ser as actividades programadas ou o menú elixido En todo caso “serán accesibles a todos os petos e con precio reducido”.

A primeira das saídas previstas será durante a primeira quincena de marzo a Costa da Morte, unha visita que permitirá coñecer lugares como Fisterra ou a Fervenza do Ézaro. Para poder participar nesta actividade, as persoas interesadas deberán inscribirse no Concello de Redondela cubrindo un formulario. As seguintes vistas serán en abril á Ribeira Sacra e en maio a excursión levará aos participantes ata O Grove. O prazo e inscrición para ditas excursións abrirase no seu mes correspondente.

Digna Rivas subliñou a importancia desta actividade “que contribúe a fomentar a interrelación entre as persoas participantes e, ao mesmo tempo, ábrelles a posibilidade de coñecer con máis detemento, outros lugares da nosa contorna”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará