Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER propón que o “pump-track” proposto para Cesantes se instale na contorna da Marisma

pump track

A Agrupación de electores pide ao goberno que axilice o proxecto para a construción desta pista deportiva e propon que se constrúa na zona da Marisma. Ao seu entender esa sería a ubicación idónea fronte a proposta inicial de instalala nunha parcela de San Pedro en Cesantes, ao contar xa “con outras infraestruturas deportivas de baloncesto, de skate ou de calistenia. 

A pump-track é unha instalación deportiva consistente nunha pista pavimentada, con resaltos, para a práctica de bmx. Defenden en AER que a súa mellor ubicación sería na zona da Marisma porque xa conta con máis infraestruturas deportivas, como a pista de baloncesto, unha pista de “skate” e un parque de calistenia. Aseguran que “ademais de ser un lugar máis céntrico, que favorece a afluencia de persoas usuarias, a existencia doutras infraestruturas similares favorece tanto o seu uso como o seu mantemento”. 

Solicitan tamén ao goberno que axilice o proxecto descuberto cando, en outubro de 2022, levou ao pleno o cambio de uso da parcela de San Pedro, en Cesantes, punto que quedou sobre a mesa tras solicitalo todos os grupos da oposición ao comprobar a desinformación da veciñanza. Segundo explican desde a Agrupación “Votouse en contra porque o goberno tiña este proxecto oculto e non se compartiu previamente nin cos grupos políticos nin coa veciñanza, non polo cambio de uso da parcela, que parece razoable (de feito, o uso actual é deportivo e de lecer máis que escolar)”. O que pediron os grupos da oposición foi que se convocara ao grupo de voceiros a estudalo para poder ser aprobado no seguinte pleno despois dun proceso de debate e negociación. O punto quedou enriba de mesa, pero a xunta de voceiros, catro meses despois, aínda non foi convocada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará