Vilalbés 2-0 CD Choco
Os choqueiros fixeron un bo partido pero non acadaron resultados. Unha derrota que os mantén como colistas na terceira división. Na vindeira semana reciben a outro equipo da parte baixa da clasificación, o Barco.
Era un partido difícil, xa que os de Redondela xogaban contra o cuarto clasificado. Os choqueiros estiveron á altura e loitaron malia non lograr a recompensa merecida. Unha primeira parte que se puido decantar para calquera dos dous equipos, con todo, os locais atopáronse co premio do gol nun saque de esquina no minuto 26. O Choco tivo opcións e, malia que a sorte non estivo do seu lado, si houbo aportunidades para acadar o empate. Na segunda metade o conxunto local foi bastante mellor, pero os de Redondela non se renderon ata que no minuto 91 Javi sentenciaría o partido co segundo gol para o Vilalbés.
Campañó 5-2 Soutomaior
Derrota na Segunda Galicia para os de Soutomaior que caían 5-2 ante o Campañó. O equipo baixa ao segundo posto da categoría pero seguirán loitando pro manterse na parte alta do grupo. Na vindeira semana reciben en Soutomaior ao Amanecer.
Vilaboa 4-1 Cesantes
Derrota tamén para o Cesantes que se sitúa na novena posición tras perder o encontro disputado en Vilaboa. Na vindeira semana xogan na casa e reciben a un rival directo, o Combarro.