Enmarcada na programación municipal do 8 de marzo, a Biblioteca Xela Arias de Chapela ofrece un contacontos que leva por título “Somos iguais” e que se desenvolverá o martes 7 no Auditorio do Multiúsos de Chapela, ás 18:30 h. Actividade para público familiar a partir dos 3 anos, con entrada libre ata completar localidades. Un espectáculo para desmontar os estereotipos que dificultan a convivencia pacífica entre nenas e nenos.
A proposta a cargo de Raquel Queizás centrarase en historias de nenas e nenos (ou animais) que rachan os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaranse situacións ás que a rapazada tense que enfrontar no día a día, na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas a palabra.