Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un pleno de derrotas pouco frecuente no fútbol sala comarcal

pazos

Na Terceira División tanto o Pazos como o Redondela Maramar caían ante os seus respectivos rivais. Derrota tamén para o Campito Chapela, equipo que milita na Preferente Galicia.

Pazos 0-3 Korreo Guitiriz

Derrota do primeiro equipo no Pavillón da Marisma ante o ADC San Xoán de Guitiriz. Un partido no que os de Pazos non estiveron ao seu máximo nivel. Contaron con ocasións pero unas veces por un inspirado porteiro visitante e outras polos erros á hora de tirar a gol, fixeron que o marcador dos locais quedara a cero. Os lucenses puxéronse por diante xa avanzada a segunda parte nunha contra e sentenciaron o partido en dous roubos que deixaron o definitivo 0-3 no marcador.

Para a semana o equipo de Pazos visita o Concello de Begonte FS, un equipo moi necesitado de puntos.

5Coruña 5-2 Redondela Maramar

Mal resultado tamén para o Redondela FS na súa visita a terras coruñesas. Unha derrota por 5-2 que deixa ao Redondela situado na penúltima praza da categoría. Na vindeira semana xoga na casa, recibe ao Cidade de Narón.

Marín Futsal 5-4 Campito Chapela

Na Preferente Galicia o Campito non foi quen de facerse cos puntos ne xogo na súa visita a Marín. Caía pola mínima, 5-4 e sitúase nunha perigosa posición, son terceiros pola cola. Na vindeira semana reciben en Chapela ao Cesures.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará