Trátase de dúas mulleres de 34 e 43 anos de idade que extraerán na noite deste luns dous quilos de ameixa na Praia de Chapela.
Un operativo de gardapesca e a policía local identificaban na noite de onte dúas mulleres que extraeran ilegalmente marisco da Praia. Os feitos sucederon ao redor das 23:00 horas de onte cando as furtivas estaban no areal de Chapela. Unha vez detectadas o gardapesca púxose en contacto coa policía para que procederán a súa detención e identificación por terra. Fóronlle decomisados dous quilos de ameixa polo que previsiblemente serán sancionadas.
A Xunta de Galicia lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de forma ilegal supón un risco para a saúde, ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por este moito fai un chamamento e pide ao consumidor que non compre fora dos establecementos comerciais que se dedican a venta de marisco.