As patinadoras de ambos os dous clubs participan esta fin de semana no Campionato de España de Grupos-Show Grandes, Pequeños y Cuartetos nla pista del Palau d’Esports do Vall d’Hebron (Barcelona). O Club de Patinaxe Artístico Arealonga logrou a praza tras gañar o título de subcampioas galegas no Campionato Galego Grupo Show Pequeno. Pola súa banda, o número presentado polo club de patinaxe de Soutomaior tamén lograba un oco no campeonato de España tras acadar o terceiro posto no galego na categoría Grupo Show Grande.
Dúas coreografías ben diferentes que lles mereceron facerse cunha praza para participar nun campeonato moi competitivo que arranca hoxe en barcelona e que se desenvolverá durante toda a fin de semana.
No caso das patinadoras do Arealonga, segundas clasificadas na categoría Grupo Pequeno Show a súa propostas leva por nome ‘Proyecto Abigail’, un baile inspirado nun experimento científico con tintes extraterrestres realizado na coñecida Área 51 en EEUU. Unha temática diferente que as levou a obter a maior puntuación dos xuíces da Federación Galega de Patinaxe na votación da coreografía, segundo explica a adestradora e presidenta do Arealonga, Nerea Estévez.
A proposta das mozas de Soutomaior está inspirada nunha banda de gánsteres e leva por nome “o prezo da traición”. Unha coreografía con 18 patinadoras na pista e que stá baseada na serie de televisión Peaky Blinders. As partes que máis valoraron os xuíces na súa peza foron a técnica de grupo e a coreografía, segundo nos explicaba Carla Rodríguez, unha das patinadoras máis veteranas do club.