Monte Penide-Mirallo é o primeiro dos roteiros organizado dende o Concello de Redondela a través da cooperativa Noso que se encargará de guiar aos participante por esta parte do territorio chea de xacementos e restos arqueolóxicos. Unha actividade de balde que combina o sendeirismo co coñecemento do territorio. As persoas interesadas tan só teñen que achegarse ás dez da mañá do domingo ao campo de fútbol de Cabeiro, lugar dende onde partirá o percorrido.
A empresa NosoCooperativa dedícase a realizar traballos de xestión do patrimonio cultural e desenvolvemento territorial e nesta ocasión van ser os encargado de guiar estes roteiros con historia. Ao longo do percorrido os participantes coñecerán a transformación da paisaxe de Monte Penide ao longo da prehistoria, cales foron as características que o converteron nun lugar óptimo para a súa habitabilidade no pasado e coñecer quen eran e como viviron nese espazo as persoas que alí habitaron poñendo en contexto os restos arqueolóxicos que alí deixaron.
Unha actividade ao aire libre de baixa intensidade ao tempo que coñecemos a historia do patrimonio nas diferentes paradas que se irán facendo no percorrido, segundo nos explicaba Sergio Pereira, encargado de guiar o roteiro.
En total, un percorrido de 10 kilómetros de dificultade baixa que o fan accesible a case todo o mundo que queira participar. O único que hai que facer é achegarse este domingo ás dez da mañá no campo de fútbol de Cabeiro.
Unha actividade enmarcada no programa roteiros con historia que organiza a Concellería de turismo e que xa ten programada outra cita de cara ao 30 de abril pola ruta das pedras en Ventosela.