Esta edición, que se desenvolverá entre o 22 e o 29 de abril , dedicarase ao cambio climático e o programa incluirá outras actividades en paralelo como debates e propostas culturais e musicais. As persoas interesadas deben inscribirse antes do 11 de abril cubrindo un cuestionario no que especificarán o nome das obras e o lugar máis axeitado para a súa exposición.
Dende ArteLixo propoñen para este edición achegarse ao Cambio Climático “un problema complexo e global con conexións individuais e colectivas”. Neste sentido lembran que a emerxencia climática é o reto socio-ambiental con dimensións planetarias e con consecuencias claramente observables no presente ao que temos que enfrontarnos.
O ArteLixo2023 propón reflexionar sobre o Cambio Climático dende unha mirada ecoloxista. Unha mirada que tamén propón outro xeito de facer, de estar, xa que para que este evento poida celebrarse insisten “é necesaria a colaboración de moitas persoas voluntarias, activistas, comerciantes, profesorado, alumnado… Mais, sobre todo, dos e das artistas que expoñen as súas obras”, unha obras que teñen como único requisito estaren realizadas con material de refugallo.