O Choco, afundido no pozo da clasificación, caía esta fin de semana en Santa Mariña nunha cita a priori complicada xa que o seu rival era o líder do grupo, o Fabril.
Choco 0-1 Fabril
Sexta derrota consecutiva para o Choco nun partido no que os de Redondela daban por bo o empate ante o líder. Sería a piques de cumprirse o tempo regulamentario cando o Fabril lograría facerse cos punto en xogo grazas a un disparo de Jesús Ares. Unha derrota que certifica o descenso de categoría para os redondeláns.
Sen posibilidades de permanecer na Terceira división, os choqueiros terán na vindeira semana outra cita complicadísima: xogan no campo do segundo, o Arousa.
Na segunda Galicia
Soutomaior 4-0 Catoira
Cun partido menos, os de Soutomaior son segundos do grupo. Na próxima xornada xogan no campo do Romay.
Cesantes 0-1 Zacande
O cesantes caía pola mínima ante o Zacande. Na décima posición xogan na vindeira semana no campo do Campaño, rival directo dos de Redondela xa que se atopan tan só un posto por baixo.