Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pechado o tráfico na praza da Constitución e rúa Telmo Bernárdez por obras

obras constitución

As obras de reparación e reposición do firme, actualmente en mal estado co empedrado levantado e fochancas nalgúns tramos da rúa, obrigan a pechar este vial ao tráfico rodado durante unha semana. Así, está previsto que as obras, que arrancaban hoxe luns día 27, se prolonguen ata o 3 de abril.

As obras desenvolveranse en tres treitos: na praza da Constitución, na zona de intersección das rúas Telmo Bernárdez, Isidoro Queimaliños e Rúa Cruceiro e, finalmente na rúa Telmo Bernárdez.

A policía local instalará a sinalización indicando os desvíos correspondentes. Os residentes de rúa Prata, segundo o estado das obras, sairán pola rúa Telmo Bernardez -Cruceiro, ou pola Praza Constitución en dirección Alfonso XII – Rúa Ribeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará