Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alternativa veciñal de Pazos denuncia atrancos para revisar o padrón municipal

pazos

Explican dende a formación que o alcalde, Andrés Iglesias ten bloqueado o acceso ao padrón municipal solicitado por Alternativa Veciñal o pasado 1 de mazo “co obxectivo de velar pola limpeza do censo electoral e evitar o acontecido nas elección do 2019 cando se constataron irregularidades no censo que puxeron en dúbida a limpeza dos comicios”.

Alternativa Veciña por Pazos lembra que eleccións locais do ano 2019 estiveron envoltas na polémica en Pazos de Borbén debido a rechamantes irregularidades no censo, co empadroamento de xogadores de fútbol sala nunha residencia da terceira idade ou con 11 persoas censadas en casas deshabitadas de cargos do Partido Popular, entre outras. Por ese motivo, diante da proximidade da convocatoria electoral para as eleccións municipais do 2023, Alternativa solicitou copia do Padrón municipal co que se elabora o censo para velar pola limpeza das eleccións.

O dereito de acceso ao Padrón de habitantes de concelleiros da oposición “está plenamente amparado pola lexislación e pola xurisprudencia, existen sentenzas do Tribunal Supremo que recoñecen o dereito dos concelleiros a examinar o Padrón municipal para asegurarse de que este é fiel á realidade”. Sen embargo, un mes despois de ter feito a solicitude Alternativa Veciñal aínda non puido exercer este dereito, “os servizos municipais indícannos que a información do Padrón está lista para ser entregada dende fai semanas, unicamente falta a sinatura do Alcalde”.

En vista disto, Alternativa Veciñal manifesta que o Alcalde, Andrés Iglesias,“está a vulnerar dereitos fundamentais recollidos na Constitución e, todo parece indicar, a esconder algo”. Anuncian que malia os atrancos que está a poñer o Partido Popular, Alternativa Veciñal “non se vai cruzar de brazos, adoptaremos todas as medidas ao noso alcance para velar pola limpeza das eleccións”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará