Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de María do Ceo para inaugurar a Praza de Ponteareas

praza ponteareas

Imaxe da recen remodelada Praza de Ponteareas. J.M.

A recen reformada praza de Ponteareas albergará este domingo ás 18:00 horas o primeiro acto dende o remate das obras de humanización na zona. Será un concerto a cargo da cantante María do Ceo quen interpretará os temas incluídos no seu traballo Galicia Nai, disco que celebra os 25 anos de carreira musical da artista e que supón unha homenaxe ao idioma galego a través dos poemas de Rosalía de Castro, Manuel María e Neira Vilas, entre outros.

As obras de reforma da praza de Ponteareas, que arrancaran en agosto do 2021 remataron hai xa semanas e supuxeron unha transformación importante nesta entrada de Redondela, logrando integrar o conxunto monumental do Convento de Vilavella que se sitúa agora á mesma altura que a praza, creando así un espazo máis amable, onde o viandante cobra protagonismo fronte aos vehículos.

Un proxecto redactado polo estudo de arquitectura Gándara y Pons e cuxa obra foi adxudicada á empresa Xestión Ambiental de Contratas por un importe de 736.182 euros.

O obxectivo agora é converter esta Praza “nun espazo de xuntanza e movemento para a veciñanza de Redondela. Para que gocen de concertos ao aire libre e poidan, comodamente e de balde, participar da vida social da vila”, segundo explicou a alcaldesa Digna Rivas.

Ademais da plataforma xa instalada, que servirá escenario para o concerto de María do Ceo do vindeiro domingo, colocaranse cadeiras para que o público que así o desexe poida gozar comodamente sentado da música da artista portuguesa afincada en Galicia “cremos que esta é a mellor forma de estrear a Praza de Ponteareas, cun concerto de calidade para tódalas idades e cunha actividade na que se respire cultura”, conclúe Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará