Arousa 1-0 Choco
Derrota para o CD Choco nun partido non que non se xogaba nada. Os de Redondela seguen pelexando malia que xa nada teñen que perder nunha categoría da que se despediron semanas atrás. Nesta fin de semana caían na súa visita ao campo do Arousa, equipo moi superior situado no segundo posto da táboa. A vindeira cita disputarase en Santa Mariña, coa visita do Estradense.
Na segunda Galicia
Romay 5-2 Soutomaior
Os de Soutomaior cae ao terceiro posto da clasificación tras perder o encontro co Romay por 5-2. A próxima cita será no campo do Cerponzóns.
Campañó 1-3 Cesantes
O Cesantes afiánzanse nos postos medios da clasificación neste caso cunha vitoria no campo do Campañó. O próximo encontro será cun rival que se atopa tamén nos postos medios da táboa, o Amanecer.