A alcaldesa denunciaba xunto a deputada Leticia Gallego a abandono da Avenida Mendiño
Rivas asegura que o concello recibiu máis de 4,7 millóns de euros de fondos da Deputación de Pontevedra fronte “aos tan só 340.000 do goberno galego”.
Segundo explica a alcadesa de Redondela, Digna Rivas, os datos reflexan “un novo insulto á cidadanía de Redondela” por parte da Xunta ao constatar que nos Orzamentos do goberno galego durante os últimos 3 anos “recollen tan só 340.000 euros, mentres que a Deputación de Pontevedra “investiu 4,7 millóns de euros para facer posibles os grandes proxectos deste goberno, moi demandados pola cidadanía e cumprindo cos compromisos que temos coa veciñanza”.
Salienta que grazas ao apoio a Deputación realizáronse actuacións como a compra da nave onde se situará o aparcamento da praza de Ponteareas (546.536,02 euros); a humanización da Rúa Picota (849.254,38 euros) ou a pavimentación das Rúas Leitón, Parada e Pomba do “Barrio de Japón” en Chapela (118.542,72 euros), entre outras actuacións.
Pola contra, a Xunta de Galicia “no que levamos de mandato denegáronnos máis da metade dos proxectos solicitados. Só recibimos unha recepción de 320.000 euros, coa que puidemos mellorar algúns camiños rurais, a través de AGADER”. Critica que caeran no esquecemento proxectos prometidos durante o anterior mandato do Partido Popular como a reforma da Avenida Mendiño ou a reforma da Avenida de Vigo en Chapela.