Na Terceira división do futbol sala os dous equipos da comarca caían nas sáus respectivas citas, mentres que o Campito lograba unha avultada vitoria ante o Quinta de Tui.
Pazos 6-8 Vigo2015
O Pazos FS encadea unha nova derrota nun partido que tras uns primeiros minutos nos que os locais parecían dominar foi mudando ata chegar a un nefasto final da primeira parte e un peor inicio da segunda. Merecidos tres puntos para o Vigo 2015 que deixaron sen opcións aos locais. Duro revés para o equipo que acentúa a mala dinámica de resultados na que está inmerso. A próxima cita será xa o domingo 16 cando os de Pazos se despracen ao campo do Carballiño.
Outeiro de Rei 3-2 Redondela Maramar
Derrota tamén para o Maramar situado na penúltima praza do grupo. Tras o parón desta semana santa mediarán as súas forzas contra o pechacancelas, o Beade Copefri.
Campito 9-3 Quinta de Tui
Vitoria na preferente para o Campito Chapela que amosaba a súa superioridade ante o Quinta de Tui. Tres puntos que os sitúan na decimo primeira praza do grupo. A próxima cita será no campo de Pizarras Los tres cuñados, equipo que ten os mesmos puntos que os de Chapela.