O Concello de Redondela retoma as visitas a Illa de San Simón e San Antón con viaxes subvencionadas o xoves, venres, sábado e domingo cun prezo reducido de 5 euros. Tamén continúan as propostas de Turismo Mariñeiro de Amarturmar cun roteiro do choco o xoves 6 de abril ás 17:00 horas, o venres un roteiro do marisqueo a pé ás 10:30 horas e o sábado cunha visita ao porto ás 10:30 horas. Todas os roteiros mariñeiros terán un prezo de 3 euros sendo precisa facer unha reserva na oficina de Turismo.
Unha nova oficina de turismo situada na Rúa Isidoro Queimaliños que ven de abrir as súas portas logo da rehabilitación do edificio e que ofrece un servizo continuado en horario de 11:00 h a 19:00 horas a partir de hoxe.
Dentro das actividades organizadas para a semana Santa, mantéñense os roteiros coñecidos como “A Vila pola Tardiña” que se realizarán todos os días da semana para dar a coñecer o patrimonio e a historia de Redondela e nos que se pode participar de balde previa inscrición na oficina de Información Turística.
Retómanse ademais as visitas a Illa de San Simón e San Antón con viaxes subvencionadas dende o xoves ata o domingo e saídas desde Cesantes, o museo Meirande e Chapela a un prezo reducido de 5 euros.
Tamén continúan as propostas de Amarturmar con un roteiro do Choco o xoves ás 17:00 horas, o roteiro do Marisqueo A Pé o venres ás 10:30 horas e o roteiro do Porto o sábado ás 10:30 horas. Actividades todas elas cun prezo de 3 euros con reserva previa na oficina de Turismo de Redondela.
Por outra banda, o Museo Meirande, amplía ou seu horario habitual e abrirá as súas portas de luns a Domingo de 11:00 h á 14:00 e de 15:30 h a 19:00 horas.