Esta fin de semana (15 e 16 de abril) celebrarase no pavillón da Sangriña as Final Four Xuvenil Masculina e Feminina, nas que se poñen en xogo dúas prazas, unha por categoría, para a disputa do sector nacional.
O Mecalia Atlético Guardés, que é o club organizador da Final Four, participará na competición feminina, xunto a BM Porriño A, SAR Rodavigo e Hierros Varela Urbieta Xiria. A masculina será disputada por BM Porriño, Cisne Colegio Los Sauces, UPI Informática Lalín e Als Xiria. Todos eles
buscarán o título da Final Four, que lles dará unha praza no sector nacional, para o que xa están clasificados Carballal e Cangas, campión e subcampión respectivamente da Liga Ouro feminina e o Luceros na masculina, como campión galego.
As rapazas da SAR xogarán a semifinal ás 12:30 horas do sábado contra o Atlético Guardés. No caso de lograr a vitoria xogarían a final o domingo ás seis da tarde. Todo se poderá seguir en directo a través da canle de youtube da Federación Galega de Balonmán.
Sábado 15 de abril
– 10:30 | Semifinal masculina | Cisne Colegio Los Sauces – UPI Informática Lalín
– 12:30 | Semifinal feminina | SAR Mecalia Atlético Guardés – SAR Rodavigo
– 15:30 | Semifinal feminina | BM Porriño A – vs Hierros Varela Urbieta Xiria
– 17:15 | Semifinal masculina | BM Porriño – Als Xiria A
Domingo 16 de abril
– 11:00 | Terceiro e cuarto posto masculino
– 13:00 | Terceiro e cuarto posto feminino
– 16:00 | Final masculina
– 18:00 | Final feminina