O documental proxectarase este venres 14 de abril ás 19:30 horas e está enmarcado no ciclo de CInema galego que organiza o Servizo do Normalización Lingüística.
Dirixido por Pepe Coira, Gaspar Broullón e Jorge Coira o documental “Beiras, vivir 2 veces” repasa a traxectoria do veterano político seguindo dúas pistas: dunha banda, os lugares que mellor o identifican e doutra, as imaxes máis emblemáticas dun percorrido vital de oito décadas. O repaso da experiencia trénzase cunha das actividades predilectas do protagonista: a conversa. No documental, Beiras atópase con algunhas das persoas coas que mellor falar das cuestións que máis o incumben, desde a arte ao territorio, desde a política á casa.