Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Elevada participación nos Maios con 29 inscritos

Maios8

A Alameda de Redondela acollerá o vindeiro luns día 1 a Festa dos Maios que revive e volve sumar un elevado numero de participantes. Conos e cruceiros, enmarcados na categoría de maio tradicional, compartirán escenario con estruturas máis variadas e sorprendentes que participarán na categoría de maio artístico.

Un total de 17 asociacións e colectivos procedentes de todas as parroquias do concello estarán presentes este ano na festa dos maios que o vinderio luns dará a benvida á primavera. Unha festa que incrementa notablemente o número de participantes, pasando dos 19 do ano pasado ou os tan só dez que se presentaran no 201,5 ata os 29 que participarán nesta edición.

A tradición revive e logo de varios anos nos que parecía que ía decaendo o interese por estas festas tan nosas volve medrar. Xa o ano pasado, logo do parón da pandemia, notouse un incremento respecto de ano previos, pero é nesta edición cando o número de participantes volve achegarse á treintena.

Está previsto que os Maios participantes se instalen na Alameda Castelao ao redor das 11:00 horas do luns. Un total de 29 son os que participan no concurso aos que hai que sumar algún máis que xa é tradición se asome á rúa sen subirse ao escenario. As interpretacións no palco arrancarán media hora despois baixo a atenta mirada do xurado que terá que valorar a vestimenta e a interpretación que os participantes fagan das súas coplas.

Unhas estrofas cargadas de retranca e actualidade, onde de seguro non faltarán os versos dedicados aos políticos, tendo en contra a proximidade das eleccións municipais, e outros temas que son noticia como a reforma da praza de Ponteareas ou referencias aos carburantes e a inflación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará