Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Illa de San Simón acolle o I Congreso de turismo de observación

turismo de observación

A fin de semana dos días 28, 29 e 30 de abril San Simón será o escenario dun amplo abano de ponencias e actividades organizadas dentro do programa do I Congreso de Turismo de observación. As persoas interesadas poden informarse e inscribirse no 677 525 930 ou no enderezo electrónico info@alecrinactividades.com

O turismo de observación consiste nun turismo de contemplación que busca darlle un valor interpretativo aos espazos. Un sector en auxe que, malia non ter moita presenza en Galicia, “xa está moi estendido noutras partes de España”. Por ese motivo organízase este congreso que busca “asentar as bases para que sexa un sector forte”, explica Ana Vázquez dende a Asociación Alecrín, organizadora do evento.

Faise ademais nun espazo excepcional para este tipo de turismo como é a Illa de San Simón e a súa contorna “unha illa de moita tranquilidade, enclavada en Rede natura e zona de especial protección para as aves e que ademais conta con infraestrutura para acoller este tipo de evento”.

Ao longo das tres xornadas realizaranse actividades diversas como observación de aves mariñas, visita guiada pola illa, debate sobre a observación e as súas consecuencias sociais e ambientais e unha actividade e iniciación astronómica pero tamén varias ponencia a cargo de especialistas. Así, as persoas encargadas das diferentes actividades son o escritor, redactor e observador de aves, Antonio Sandoval, experta en ecoturismo e turismo de natureza, Ana Vázquez e o experto de Seo Birdlife con especialización en aves mariñas, Paulo lago.

Haberá tamén un apartado específico dedicado ao morcego, un animal do que existen 24 especies en España o que supón un atractivo sobre todo para xente doutros países, onde é moito menos común. Correrá esta ponencia a cargo da experta internacional en morcegos, Tamara Casal.

O prezo para asistir a este congreso é de 40 euros o sábado, 75 euros dous días é cen euros os tres días. Un prezo que inclúe traslado a illa así como comidas, ceas e pernocta en San Simón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará