As usuarias do Centro de Día Os Cortizos participarán desta actividade do SNL
O Servizo de Normalización Lingüística retoma o programa a “Memoria da Estirpe” co obxecto de preservar, conservar e poñer en valor o patrimonio oral das persoas maiores do municipio. Esta iniciativa promovida dende o Concello diríxese aos centros de día para que as persoas usuarias participen cedendo como legado as súas vivencias. Logo de arrancar o ano pasado no Centro de día de Cesantes, nesta edición seguirá no Centro os Cortizos.
«A memoria da estirpe» divídese en cinco grandes áreas de traballo: antropoloxía, toponimia, memoria fotográfica, léxico e música. A través de entrevistas individualizadas coas persoas maiores vaise recollendo unha información que nos permite achegarnos a formas de vida que en gran medida xa desapareceron ou están esmorecendo. “a Galicia de hai medio século cambiou radicalmente respecto da que coñecemos a día de hoxe coñecemos, por iso, dende o SNL de Redondela, rexistrouse esta iniciativa pioneira co propósito de non perder todo este acervo cultural” explicou a alcaldesa Digna Rivas quen lembrou que o proxecto tne un dobre obxectivo. Por unha banda, concienciar á cidadanía da importancia da memoria popular, do que fomos e dos esforzos que se fixeron noutrora, e por outro “fornecer do xusto protagonismo as persoas maiores que levan consigo historias verdadeiramente incríbles e que acumulan unha sabedoría oral que está en perigo con cada morte”.
A iniciativa comezou a executarse ao longo do verán de 2022 no Centro de Día de Cesantes e continuará noutros centros de día de Redondela para seguir ampliando este tesouro patrimonial.
De feito, tras a reunión celebrada a mediado de mes co director do Centro de Día Os Cortizos, Pedro López, a responsable da execución do proxecto, Rocío Marín directora de Mekané Didáccti, e a alcaldesa, Digna Rivas púxose en valor a experiencia do pasado ano e se centraron as bases para o traballo que se vai facer nos Cortizos co mesmo obxectivo de recuperar léxico, toponimia, fotografía antiga, coplas populares e datos antropolóxicos referidos á vida na infancia ou laboral, entre outras cousas.
Finamente, dende o Concello criticaron que á Xunta de Galicia non respondese nin tan sequera a solicitude que se lle trasladou a Concellería de Política Social co obxecto de manter unha xuntanza para presentarlles este proxecto “porque cremos que pode ser útil e moi necesario para a cultura galega, d mostrando así que para o goberno galego existen concellos con liña directa en San Caetano e concellos en listas de espera”.