Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Brigada Violeta, tres anos traballando pola igualdade no IES de Chapela

brigada violeta

Chapela acolleu esta semana os II encontros dos Comandos de igualdade que funcionan na provincia de Pontevedra. Entre os participantes atopábase a Brigada Violeta que funciona dende o 2020 no IES de Chapela realizando actividades que fomentan a igualdade e a diversidade afectivo sexual no centro.

Formado por profesorado e alumnado organizan e fan propostas que queren responder ao que observan nas aulas “condutas sexistas, machistas, negacións incluso do que é o feminismo e o igualdade, así como condutas moi dispares no que respecta ao xénero, manténdose en moitos casos os estereotipos entre mozos e mozas… ao final os centros educativos son un reflexo da sociedade na que vivimos” explica unha das profesoras participantes e orientadora do Centro, Tamara Bermúdez Garea.

Malia recoñecer que “resta moito camiño por facer” tamén subliña que “é moi difícil a día de hoxe determinar se hai máis ou menos machismo porque agora a sociedade observa o que nos rodea dende outro punto de vista e dende unha perspectiva de xénero o que fai que nos decatemos de todos eses comportamentos machistas que sempre se produciron pero que actualmente si temos capacidade de recoñecer e reaccionar”.

A Brigada Violeta naceu coma un espazo no que os e as participantes se sintan respectados e con liberdade para facer aquelas propostas que consideren necesarias para traballar na igualdade e tamén organizando actividades de formación “para desaprender moitas cousas que temos interiorizadas”. Outro dos seus cometidos é organizar actos para conmemorar diferentes celebracións como por exemplo a realizada o pasado 25N cun acto simbólico en resposta ao lamentablemente popular vídeo machista que fora protagonizado polos alumnos do colexio de Maior Elías Ahúja de Madrid.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará