O Redondela Maramar despídese da Terceira División despois dun ano moi intenso do que achegan unha experiencia positiva para os deportistas e para o club. Remataron a tempada cunha vitoria fronte ao Korreo Guitiriz (6-3) que serviulles para rascar tres puntos na categoría, pero non para salvarse do descenso. Despídense “tristes pero ilusionados por intentar volver pronto”.
O coordinador deportivo e antigo adestrador, Jorge Expósito, lamenta a 15 posición na que remataron a liga e recoñece que foi “dura”, pero o balance que fai é positivo tanto para os xogadores como para o club que segundo o técnico “aprenderon moito para enfrontarse a novos retos”.
Considera que aprenderon “compromiso, constancia, esforzo e sacrificio” que é o que require xogar a nivel nacional e que van a levar todo este aprendizaxe aos adestramentos e partidos da tempada que vén. Houbo lesións que mermaron a forza do grupo e tiveron que tirar de xogadores base, como é habitual, para enfrontar os partidos. Demostraron desta forma que o equipo xuvenil e o club Redondela FS conta con xogadores preparados para loitar nas categorías máis altas.
Aínda que xa coñecen a todos os equipos saben que xogar en rexional non vai a ser fácil, pero seguen marcando como o obxectivo o ascenso a Terceira División e representar a Redondela por toda España.
A pesar de rematar os partidos da liga, non descansan e continúan adestrando para o “Mundialito da Xunqueira” que acollerá a equipos veteranos e base no campo do Parque da Xunqueira. Partidos que son xa todo un clásico da época estival do municipio e que énchense todos os anos de afección.